Política de Privacidade

Que é SUMAMOS?

SUMAMOS é un proxecto artístico de Xacobe Meléndrez Fassbender . Pretende fomentar a reflexión sobre as identidades individuais e colectivas, sobre a irrenunciabilidade de ambas, sobre a necesidade de contribuir dende o esforzo individual ao ben colectivo.

Propón, dende a instalación autónoma FOTOCESIÓN e dende sesións persoais de retratos realizados polo autor, a formación dun colectivo (SUMAMOS) no que cada participante cede a súa imaxe (sin ningún dato persoal máis) para formar ese colectivo. SUMAMOS ten tres saidas, dúas nas propias sás de exposición: unha en proxección e outra impresa (en matrices de 8 fotografías que poden recollerse e levarse); e unha terceira saida ao exterior, buscando abrirse ao resto do mundo, a través da web www.sumamos.org

Quen somos?

Este é un proxecto artístico ideado e xestionado por Xacobe Meléndrez Fassbender.

A dirección da nosa páxina web é: http://sumamos.org.

Comentarios

Cando os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Retratos

Os retratos que se cargan na web están precedidos dunha aceptación personal da persoa retratada, ben seña na propia instalación de FOTOCESIÓN, gravado en video, ben en sesións non automáticas nas que se grava en vídeo ou se recolle aceptación en papel asinado pola retratada.

Contacto para exercer dereitos marcados na lexislación de protección de datos

Xacobe Meléndrez Fassbender. Piñeiro 19 C, Cecebre, 15650 CAMBRE

ou por correo electrónico correo@xk3foto.com

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas “Lembrarme”, o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un comentario, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Con quen partillamos os teus datos?

Os teus datos partillados exclusivamente en esta web, non se autoriza a utilización en calquer outro lugar.

Canto tempo conservamos os teus datos?

tanto no caso dos retratos como no dos comentarios, o tempo de conservación vai ligado ao tempo de duración do proxecto. Conservaremos retratos e comentarios mentres o proxecto continue.

Que dereitos tes sobre os teus datos?

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde enviamos os teus datos?

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.